lunes, 25 de noviembre de 2013

BIBLIOTECA MUNICIPAL DE MONDOÑEDO Y GALERÍA SARGADELOS DE LUGO (CLUB CULTURAL VALLE INCLÁN)

Biblioteca Municipal de Mondoñedo (Lugo)


Biblioteca Municipal de Mondoñedo (Lugo)Añadir leyenda


AURORA GARCÍA RIVAS PRESENTA LA MADRIGUERA DE SEPTEM EDICIONES
Presentación de La Madriguera, de Aurora García Rivas
La Madriguera.  A Teresa non a satisfai o éxito e regresa á súa terra leonesa. Atrás quedará París, Nova York, San Petesburgo... e o seu persoal empeño en triunfar como pintora. Instálase con Daniela en Corullón e intenta fiar o pasado co presente.
A través do recordo da súa familia, orixinaria de Lapas de Cabreira, iranos dando unha imaxe do medio social e económico, do carácter e o tesón duns seres inmersos nun mundo illado, inhóspito e fero que, dende finais do s. XIX, esfórzanse por saír da miseria e a ignorancia.
As minas de Villablino,a Guerra Civil, a represión, os gravames impostos e a rapina do maqui, complican o devir dos días.
Os escenarios de La Madriguera son Os Ancares, Babia, La Cándana, Los Páramos,e as provincias limítrofes: Asturias, Lugo...
Aurora García Rivas naceu en La Antigua, San Tirso de Abres. Actualmente vive en Oviedo. Forma parte da directiva da asociación cultural L’Arribada de Gijón.
É autora de varios libros de poemas e novelas, colabora en diversas revistas e xornais e ten presentado comunicacións e comentarios en congresos e xornadas literarias.
As súas linguas de comunicación son o galego-asturiano e o castelán.


A autora estará acompañada polo profesor e escritor Xosé Otero Canto e o vicepresidente do Club Cultural Valle-Inclán, Felipe Arias Vilas.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nota: solo los miembros de este blog pueden publicar comentarios.